Seguidores

martes, 31 de marzo de 2020

ROUTINES

Ola familias, nenas e nenos:

Xa estamos a martes e hoxe imos repasar accions da nosa vida diaria. Seguro que sabedes dicilas todas en inglés. 
Xa queda menos...



lunes, 30 de marzo de 2020

HAPPY

Ola familias, nenas, nenos...

Todos coñecemos os beneficios da música e do baile: disminúe o estrés, reforza a saúde, facilita o soño, aumenta o optimismo....etc, etc, etc.Así que déixovos unha das mellores cancions para subir o ánimo e afrontar a semana con moita enerxía positiva.
                           'HAPPY' (Pharrell Williams)


sábado, 28 de marzo de 2020

TEAM WORK

Ola familias, nenas e nenos,

Comezamos a fin de semana con bos ánimos e bo humor, e sempre, QUEDANDO NA CASA.
Estes días estamos a ver a importancia do traballo en equipo; e nenos, o traballo en equipo non é soamente poñernos en grupos para facer un traballo de naturais, sociais....non, é moito máis que iso.
Na vida diaria é fundamental e o estamos a comprobar estes días.

Para grandes e pequenos déixovos un vídeo do que é un bo traballo en equipo.

 E todos xuntos....o acadaremos!!!

 

viernes, 27 de marzo de 2020

STORY TIME

Ola familias, nenas e nenos;

Hora de ver unha bonita e tenra historia, para grandes e para pequenos. Desexo que vos guste.

Un día menos....😀

 

jueves, 26 de marzo de 2020

VÍDEO INTERACTIVO (2º)

Bos días, nenas e nenos:

Para non esquecernos dos contidos traballados e tamén para amplialos, fixen un vídeo interactivo onde, primeiramente, expoñeranse a modo de repaso e, despois, faranse unha serie de xogos nos que se deberán responder unhas preguntiñas. 


A actividade está pensada para alumnado de 2º, mais é certo que os de 3º e incluso 4º pódense animar a facelo se lles apetece!



Por outra banda, déixovos por aquí un email para que poidades manter o contacto conmigo: preguntas, dúbidas, suxerencias... Asimesmo, se queredes enviarme algunha actividade que realizarades para poder corrixila, estarei encantada!
Este é o email: teacheraraceli94@outlook.es
Asimesmo, insto ás familias a que me faciliten o seu email, para poder enviarvos actividades que non poida subir ao blog debido ás súas características.

Moito ánimo, espero que vos guste o vídeo!

TAJ MAHAL

Ola familias, nenos e nenas:

Espero que todos esteades ben e na casiña, que é o que temos que facer.
 Os alumnos de quinto, se lembrades, os últimos días estivemos a ver cousas sobre a India. E vendo un vídeo sobre o Taj Mahal. Déixovolo no blogue por se algún está interesado en volver a velo.

 Ánimo familias!!!

miércoles, 25 de marzo de 2020

FAMILY AND ANIMALS

Chicas e chicos de 1º... Nestes días non ven mal repasar un pouco e... para que sexa máis divertido, farémolo todos xuntos coas nosas cancións favoritas. E...coma sempre, podedes bailalas tamén!!!
Aquí, podedes escoitar algunhas das que xa vimos na clase. Have a good day!😘 





AT HOME

Ola familias e neniños:

Como estes días estamos a pasar tempiño na casa imos aprender o nome dalgúns obxectos que temos na cociña.
Os alumnos de 4º e 5º deberían lembrar algunhas das palabras que aparecen no vídeo, e os nenos de 3º, aproveitade, porque será o seguinte tema cando retomemos as clases. E...xa queda menos para iso 👍
 



martes, 24 de marzo de 2020

QUE ESCOITAS?

Ola neniños, 
No día de hoxe imos propoñervos un xogo.
Ides escoitar 20 sons e tedes que adiviñar que é. Seredes capaces? Esperamos que si.

Moito ánimo para todos e...seguimos aquí con vós.




PINK PANTHER

Ola familias, nenas e nenos,

A Panteira Rosa é un clásico dos debuxos animados que nunca pasa de moda.
Neste capítulo que vos engadimos aparece algún animal que aínda nomeamos na aula, sabedes cal é?. 
Invitámosvos a velo e confiamos en que vos saque un sorriso.
Moito ánimo e estamos con vós.


SOLUTIONS LISTENING TEST 1

Ola nenas e nenos,

Aquí podedes mirar xa as solucions do LISTENING TEST 1.

1-B      2-A       3-A       4-B        5-C  

Era moi sinxeliño, a que si?

GEOGRAPHY 2º

Bos días, familias, nenas e nenos:

Aquí poderedes atopar un vídeo moi ilustrativo de vocabulario que traballamos na aula sobre the countryside así como unha ampliación do mesmo. Cantos termos xa coñeciades? Cantos podedes lembrar? Deixádeo nos comentarios!

lunes, 23 de marzo de 2020

LISTENING TEST 1

Ola rapaces, todos os vídeos que estamos a subir as mestras de Inglés, son a mellor maneira de practicar a parte de LISTENING. 
Atopamos este listening moi sinxelo tipo test, a ver se sodes capaces de contestar ben todas as preguntas. 
(As solucións...mañá😉)


OUR PLANET EARTH -continents&oceans- (3rd grade)

Chicos/as de 3º, lembrades o nome dos continentes en inglés? No vídeo que tendes aquí, repasamos todos e aprendemos os nomes dos océanos e algún outro vocabulario sobre o tema. Have a good day, kids!



ANIMAL FACTS ABOUT MAMMALS (5th grade)



Ola chicos/as de 5º! Lembrades que nas últimas clases traballamos os animais e os comparativos. Aquí tendes un vídeo para repasar o aprendido! Espero que vos guste! Moito ánimo!




IN THE COUNTRYSIDE (2º)

Bos días, familias, nenas e nenos:

Déixovos un vídeo que servirá para repasar algúns contidos traballados na aula sobre o tema 3 tanto de gramática coma de vocabulario. Do mesmo xeito, repasaranse algúns vistos en unidades anteriores.


Espero que todo vaia ben. Unha aperta.

viernes, 20 de marzo de 2020

ACTIVIDADES, XOGOS E MOITO MÁIS

Bos días, familias:
Como vai esa corentena?

As profes de inglés deixámosvos aquí colgado un enlace onde poderedes atopar diferentes propostas para non esquecernos da lingua inglesa. Encontraredes xogos, contos, repaso interactivo de gramática e vocabulario, listenings, entre outros. Asimesmo, a páxina conta con recursos para todas as idades.


Moito ánimo, cada vez queda menos.

Un saúdo, 
English teachers

miércoles, 18 de marzo de 2020

HOW TO HANDWASH?

Boas tardes, familias, nenas e nenos:

As profes de inglés deixámosvos aquí un vídeo que vos vai ensinar á perfección como tedes que lavarvos as mans para manter a hixiene persoal e mandar ben lonxe a calquera virus! 





Moito ánimo a todas e todos e lembrade, a mellor forma de combater este virus é quedando na casa. 


Un saúdo, 

English teachers

TAREFAS QUINTO

Prezadas familias e nen@s:
Achégovos a ligazón do libro que estamos a usar na clase para que podades repasar as unidades xa traballadas. Hai xogos, cancións, historias, actividades de gramática...Son actividades de apoio, non avaliables.
Podedes tamén traballar nas unidades que aínda non vimos.

https://tiger.macmillan.es/products.html 

Para acceder aos contidos dixitais debedes introducir como nome de usuario: macmillantigertracks5 e como contrasinal (password) macmillantigertracks5

A editorial proporciona tamén outras actividades fora do material que estamos a usar. Teñen varios niveis e son interesantes.

Para nenos, RECURSOS EXCLUSIVOS MACMILLAN- PRIMARIA

https://www.macmillaneducation.es/teachers-corner/en-casa-con-macmillan/ 


Aproveitando os recursos da outra editorial coa que traballamos no colexio (Oxford), podedes descargarvos fichas do nivel de quinto nesta ligazón.


https://mega.nz/#F!dglUHCKR!OvBrHZx1tDw56BGQJcFTUA!dkFABKzA

E tamén tedes xogos neste.

www.oup.com/elt/oupeprimary  

Cando retomemos as clases comezaremos no punto onde o deixamos, non vos preocupedes.

Moito ánimo a todos !!!😘

 

TAREFAS PRIMEIRO, SEGUNDO, TERCEIRO, CUARTO

Prezadas familias:


Por mor da situación que estamos a vivir, as mestras de inglés do CEIP Padre Feijoo poñémonos en contacto con vós para achegarvos unha serie de materiais en relación á área de lingua inglesa.
Adxuntamos ligazóns onde poderedes descargar actividades de repaso dos temas vistos ata agora.

2º EP    https://mega.nz/#F!dglUHCKR!OvBrHZx1tDw56BGQJcFTUA?p4F22aIZ


Tamén envíamos links onde os nosos alumnos/as poderán traballar on line un feixe de xogos de repaso e visualizar contos tradicionais na learning zone.

www.oup.com/elt/oupeprimary  

Comprendemos que hai familias que non teñen impresora ou que non poderán visualizar os xogos e contos. De todos os xeitos, isto é orientativo, son actividades de apoio e non avaliables.

Lembrar que neste blog  Herewegoallariz.blogspot.com os meniños/as teñen algunhas cancións, contos, diálogos… que tamén poden ser útiles para un repaso.


Desexámosvos moito ánimo e forza!


Un saúdo.
English teachers